Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 312/2015, interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 312/2015, interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 18 de maio de 2015, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Resolución do 23 de marzo de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de marzo de 2015, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública