Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dunha proposta de resolución de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A entidade interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, núm. 79, 2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Ourense, 14 de decembro de 2015

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-9/15.

Entidade interesada: Asociación de Minusválidos Orensanos (ASMIOR).

CIF: G-32122483.

Último enderezo: rúa Progreso, núm. 64, local 16, Ourense (Ourense).

Tipificación e precepto infrinxido: infracción moi grave. Artigo 28.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción proposta: multa de 18.000,01 euros.