Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (948/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 948/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia dos traballadores arriba referidos contra a empresa Viproga, S.A., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Desestímase a demanda interposta por Ernesto Rodríguez Castro, José Manuel Martínez Merelles, Juan Ángel Botana Calvo, Manuel Pulleiro Becerra, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes e Juan Luis Cruces Rodríguez, representados e asistidos polo letrado Ramón Quintela Miramontes, fronte a Viproga, S.A., que non comparece no acto de xuízo oral e, en consecuencia, absólvese a demandada de todas as pretensións deducidas fronte a ela.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

A secretaria xudicial