Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (581/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rosendo Rodríguez Vieites contra Ferreira y Rodríguez, S.L., en reclamación por cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 581/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei da xurisdición social (LXS), citar a empresa Ferreira y Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, para que compareza o día 1 de febreiro de 2016, ás 13.15 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, acordouse nos autos o interrogatorio da parte Ferreira y Rodríguez, S.L.

Fáiselle saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente e, no caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertindo de que, en caso de non comparecer, poderá impórselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, se nega a declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por conta da cal actuaron e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Requírase a empresa Ferreira y Rodríguez, S.L. para que achegue no acto do xuízo os recibos de salarios do demandante, os contratos de traballo do demandante, os boletíns de cotización á Seguridade Social, o calendario laboral e mais o horario da empresa, coa advertencia de que, se non o fai, se poderán ter por probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, de ser o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación á empresa Ferreira y Rodríguez, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

A secretaria xudicial