Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (528/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 528/2014 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución con data do 17 de decembro de 2015, dirixida a Grupo Lindega Asociados, S.L.U., contra a cal se poderá interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Lindega Asociados, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial