Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 1946

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2015/16.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do mércores 30 de decembro de 2015, procédese a realizar a seguinte corrección:

Na páxina 49913, no punto 6, parágrafo 3, do artigo 5, onde di: «... ás actividades extraescolares ou número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.», debe dicir: «... ás actividades extraescolares ou o número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.».

Na páxina 49915, no punto 4, parágrafo 2, do artigo 6, onde di: «... aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos no apartado 3 deste artigo.», debe dicir: «... aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos nos puntos 1 e 2 deste artigo.».

Na páxina 49918, no punto 4, letra l), do artigo 7, onde di: «... a efectos de ampliar a información requirida no anexo IV e cuxa extensión non poderá exceder de 6 folios.», debe dicir: «... para efectos de ampliar a información requirida no anexo III e cuxa extensión non poderá exceder dos 6 folios.».

Na páxina 49931, no punto 4, parágrafo 2, do artigo 19, onde di: «... segundo o establecido na letra e) do apartado 1 desta artigo 5 desta resolución.», debe dicir: «... segundo o establecido na letra e) do punto 1 do artigo 5 desta resolución.».