Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do mércores 30 de decembro de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:
Na páxina 51647, no anexo III (continuación), no cadro referido á lexislación aplicable, onde di: «Orde do 11 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN216A)», debe dicir: «Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN216A)».