Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias galegas, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23919.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 37/2015 CN.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias galegas.

c) División por lotes e número: si, 4 lotes: número 1.1. do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: número 5.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: número 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 77310000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no apartado 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 304.940,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 304.940,00 €. Importe total: 368.977,40 €.

Lote 1: importe neto: 81.507,38 €. Importe total: 98.623,93 €.

Lote 2: importe neto: 76.915,02 €. Importe total: 93.067,17 €.

Lote 3: importe neto: 63.293,98 €. Importe total: 76.585,72 €.

Lote 4: importe neto: 83.223,63 €. Importe total: 100.700,59 €.

Esta contratación finánciaa o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020. Encádrase na medida 7 (servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais), submedida 7.60 (estudos e investimentos vinculados á conservación do patrimonio cultural, natural e a sensibilización ecolóxica).

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

Lote 1: 4.075,37 €.

Lote 2: 3.845,75 €.

Lote 3. 3.164,70 €.

Lote 4: 4.161,18 €.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 22 de febreiro de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: r/ San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio