Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeita a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes desta consellería (expediente 90/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Coordinación Económica).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 90/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/17.

Lotes:

Lote 1: especialidades da familia administración e xestión.

1. Accións formativas que comprende:

– adgd0208 xestión integrada de recursos humanos.

– adgd0108 xestión contable e xestión administrativa para auditoría.

– adgd0508 operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.

Lote 2: especialidades da familia agraria.

2. Accións formativas que comprende:

– agaj0109 xestión e mantemento de árbores e palmeiras ornamentais.

– agaj0110 actividades de floraría.

– agaj0208 arte floral e xestión das actividades de floraría.

– agao0108 actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.

– agao0208 instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

– agar0108 aproveitamentos forestais.

– agar0208 repoboacións forestais e tratamentos selvícolas.

– agar0309 actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

– agau0108 agricultura ecolóxica.

Lote 3: especialidades da familia edificación e obra civil.

3. Accións formativas que comprende:

– eoce0109 levantamentos e implantacións.

Lote 4: especialidades da familia electricidade e electrónica.

4. Accións formativas que comprende:

– elee0109 montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

– elem0110 desenvolvemento de proxectos de sistemas de automatización industrial.

– elem0210 xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

– elem0311 montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

– eleq0311 mantemento de equipamentos electrónicos.

– eles0108 montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios.

– eles0208 operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios.

Lote 5: especialidades da familia de enerxía e auga.

5. Accións formativas que comprende:

– enae0208 montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas.

– enac0108 eficiencia enerxética de edificios.

– enas0110 montaxe, posta en servizo, mantemento, inspección e revisión de instalacións receptoras e aparellos de gas.

Lote 6: especialidades da familia de fabricación mecánica.

6. Accións formativas que comprende:

– fmec0108 fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

– fmec0110 soldadura con electrodo revestido e tig.

– fmec0210 soldadura oxigás e soldadura mig/mag.

– fmee0108 operacións auxiliares de fabricación mecánica.

– fmeh0109 mecanizado por arranque de labra.

– fmeh0409 mecanizado por abrasión, electroerosión e procedementos especiais.

– fmem0109 xestión da produción en fabricación mecánica.

– fmem0209 produción de mecanizado, conformación e montaxe eléctrica.

– fmem0311 fabricación de troqueis para a produción de pezas de chapa metálica.

– fmem0411 fabricación de moldes para a produción de pezas poliméricas e de aliaxes lixeiras.

Lote 7: especialidades da familia de hostalaría e turismo.

7. Accións formativas que comprende:

– hotr0108 operacións básicas de cociña.

– hotr0208 operacións básicas de restaurante bar.

– hotr0508 servizos de bar e cafetaría.

– hotr0608 servizos de restaurante.

Lote 8: especialidades da familia de industrias extractivas.

8. Accións formativas que comprende:

– iexd0409 colocación de pedra natural.

Lote 9: especialidades da familia de informática e comunicacións.

9. Accións formativas que comprende:

– ifcd0110 confección e publicación de páxinas web.

– ifct0108 operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos.

– ifct0209 sistemas microinformáticos.

– ifct0309 montaxe e reparación de sistemas microinformáticos.

Lote 10: especialidades da familia de instalación e mantemento.

10. Accións formativas que comprende:

– imai0108 operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica.

– imaq0108 mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial.

– imar0108 montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas.

– imar0208 montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción.

– imar0308 desenvolvemento de proxectos de redes e sistemas de distribución de fluídos.

Lote 11: especialidades da familia de imaxe persoal.

11. Accións formativas que comprende:

– impe0108 servizos auxiliares de estética

Lote 12: especialidades da familia de madeira, moble e cortiza.

12. Accións formativas que comprende:

– mamd0109 aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble.

– mamd0209 traballos de carpintaría e moble.

– mamd0309 proxectos de carpintaría e moble.

– mamr0108 montaxe de mobles e elementos de carpintaría.

– mamr0208 acabamentos de carpintaría e moble.

– mamr0308 mecanizado de madeira e derivados.

– mams0108 instalación de elementos de carpintaría.

Lote 13: especialidades da familia marítimo-pesqueira.

13. Accións formativas que comprende:

– mapn0410 operacións en transporte marítimo e pesca de baixura.

Lote 14: especialidades da familia de seguridade e ambiente.

14. Accións formativas que comprende:

– seag0109 interpretación e educación ambiental.

– seag0211 xestión ambiental.

– seag0309 control e protección do medio natural.

Lote 15: especialidades da área profesional formación e educación da familia servizos socioculturais e á comunidade.

15. Accións formativas que comprende:

– ssce0110 docencia da formación para o emprego.

Lote 16: especialidades da área profesional atención social da familia servizos socioculturais e á comunidade.

16. Accións formativas que comprende:

– sscs0208 atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Lote 17: especialidades da familia transporte e mantemento de vehículos.

17. Accións formativas que comprende:

– tmvg0109 operacións auxiliares de mantemento de electromecánica de vehículos.

– tmvg0209 mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículo.

– tmvg0409 mantemento de motor e os seus sistemas auxiliares.

– tmvl0109 operacións auxiliares de mantemento de carrozarías de vehículos.

– tmvl0209 mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos.

– tmvl0509 pintura de vehículos.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: para cada un dos lotes será desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: os contratos que deriven da presente contratación poderán ser prorrogados, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, por un prazo non superior ao fixado orixinariamente.

Así mesmo, poderán ser prorrogados, de maneira que se respecten as datas de impartición dos cursos reflectidas na cláusula 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP), con independencia de que o contrato se formalizase por un período inferior como consecuencia do atraso na tramitación do expediente.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 Servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: sete millóns oitocentos sesenta e tres mil trescentos oitenta e cinco euros con seis céntimos de euro (7.863.385,06 €), incluída a posible prórroga dos contratos.

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: tres millóns novecentos trinta e un mil seiscentos noventa e dous euros con cincuenta e tres céntimos de euro (3.931.692,53 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 108.264,00 €. Lote 2: 382.711,92 €. Lote 3: 116.707,50 €. Lote 4: 469.730,63 €. Lote 5: 172.935,75 €. Lote 6: 697.471,14 €. Lote 7: 135.281,27 €. Lote 8: 47.736,00 €. Lote 9: 336.155,65 €. Lote 10: 453.828,40 €. Lote 11: 43.173,00 €. Lote 12: 225.824,63 €. Lote 13: 37.469,25 €. Lote 14: 95.340,38 €. Lote 15: 271.020,75 €. Lote 16: 116.268,75 €. Lote 17: 221.773,51 €.

As actividades obxecto desta contratación serán financiadas con cargo aos fondos que se reciban do Servizo Público de Emprego Estatal.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación de cada un dos lotes a que licita.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 8.1.1.e) e 8.1.1.f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23918

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería Economía, Emprego e Industria