De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE); a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Son informados os interesados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2015/109-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Pontevedra, 23 de decembro de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Enderezo |
Referencia catastral |
Concello |
O Coto, polígono 9, parcela 77 |
36004A009000770000QK |
Bueu |