Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Cangas, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE); a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Son informados os interesados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2015/107-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 23 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Polígono 6, parcela 421

36008A006004210000JA

Cangas