Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 1954

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2016 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes para o ano 2016.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 8 de xaneiro de 2016, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2016, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 8 de xaneiro de 2016, acorda:

1. Designar a Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e Fernando Ignacio González Laxe como membros da Sección de Estudos e Informes.

2. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia