Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2146

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado do Curso de experto universitario en xestión cultural (FE5F), nas bibliotecas de titularidade e/ou naquelas nas cales exerce as competencias de xestión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

4.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e El Progreso de Lugo, S.L. para potenciar o uso do idioma galego.

5.5.2015

35.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actividades culturais e o mantemento da fundación.

5.5.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Faro de Vigo, S.A.U. para potenciar o uso do idioma galego.

6.5.2015

63.000,00 €

Protocolo de colaboración entre o Concello do Porriño e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización de obras de mellora na zona deportiva do patio de recreo do IES Pino Manso.

6.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Castelao para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

6.5.2015

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización do Maio Lírico 2015.

6.5.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais e para o mantemento da fundación.

6.5.2015

15.000,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2015 e 2016 un programa de actuacións en materia de investigación lingüística, a través do Instituto da Lingua Galega.

7.5.2015

240.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

8.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester para a dixitalización das fotografías de Gonzalo Torrente Ballester pertencentes ao arquivo fotográfico da fundación.

11.5.2015

10.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Ponte nas Ondas para a realización do Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses e XIII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.

11.5.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e La Opinión de A Coruña, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Opinión de A Coruña, S.L., que edita esta entidade.

11.5.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial La Capital, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa, que edita esta entidade.

11.5.2015

15.500,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais.

11.5.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de concertos, cursos e festivais.

12.5.2015

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega para actuacións en materia de normalización lingüística.

13.5.2015

23.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela para actuacións en materia de normalización lingüística.

13.5.2015

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística.

13.5.2015

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Comunidade da Mercé da Magdalena de Sarria para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de reparación do interior da Igrexa do Mosteiro da Magdalena de Sarria, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

18.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

19.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, para a ampliación do CEIP de Roxos.

20.5.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa GN Hearing Care, S.A.U. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

20.5.2015

0,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Peroxa para o acondicionamento do centro cultural, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

20.5.2015

160.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

22.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Corporación Voz de Galicia, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia e da emisora de radio Radio Voz.

22.5.2015

149.500,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Sociedad Textil Lonia, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

25.5.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

26.5.2015

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística.

27.5.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

29.5.2015

0,00 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

30.5.2015

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo para a realización de actividades culturais e o mantemento da fundación.

1.6.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Centro Pen Galicia para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

3.6.2015

6.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización do Circuíto Galego Teatro Amador.

4.6.2015

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e as dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica.

5.6.2015

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores para o desenvolvemento da campaña Venres nas Librarías.

9.6.2015

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a realización de proxectos de dinamización e intervención artística.

9.6.2015

250.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais e o mantemento da fundación.

12.6.2015

13.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

12.6.2015

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización de xornadas sobre o baile e a música tradicional galegas e para o mantemento da asociación.

12.6.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña, para elaborar o Plan estratéxico e o Programa de necesidades funcionais do Campus Industrial.

15.6.2015

100.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para actuacións arqueolóxicas no xacemento de Cova de Eirós (Triacastela).

15.6.2015

30.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia para a concesión do IX Premio Diario Cultural Teatro Radiofónico.

17.6.2015

6.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de concertos, cursos e festivais.

17.6.2015

24.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores (AGE), para a participación e asistencia ás feiras internacionais do libro, para actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación.

18.6.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e da lectura e para o mantemento da asociación.

18.6.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán para a realización de actividades culturais e o mantemento da asociación.

18.6.2015

6.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas do alumnado do grao en Humanidades nos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

22.6.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

29.6.2015

0,00 €

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas de grao superior de música.

30.6.2015

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio do Interior para a realización do módulo de formación en centros de traballo, por parte dos estudantes de formación profesional, nos centros penitenciarios da Comunidade Autónoma.

30.6.2015

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Gonzalo López Abente para a realización do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

1.7.2015

2.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro en Galicia en 2015.

1.7.2015

60.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Silva de Sons para a realización do VIII Ciclo Espazos Sonoros.

1.7.2015

40.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a realización de actividades culturais e a colaboración coa OEPLI.

1.7.2015

17.000,00 €

Addenda ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Cegos Españois para o establecemento de medidas encamiñadas á atención das persoas con discapacidade visual.

2.7.2015

195.450,37 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Grupo La Región, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais La Región e Atlántico Diario, que edita esta entidade.

2.7.2015

23.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen Galicia, para a realización das actividades culturais e mantemento da entidade.

3.7.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Valle-Inclán para os actos de celebración do 150º aniversario do nacemento de Valle-Inclán e para o mantemento da fundación.

3.7.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a divulgación da cultura chinesa.

10.7.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades do Sistema universitario de Galicia para completar as axudas ao persoal investigador principal dos programas Starting Grants, Consolidator Grants e Advanced Grants do Consello Europeo de Investigación.

10.7.2015

1.225.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Tradutores Galegos para o mantemento da Biblioteca Virtual (Bivir) e a publicación da revista Viceversa.

10.7.2015

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e para o mantemento da fundación.

10.7.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Fonsagrada para a realización dunha intervención arqueolóxica na Sauna Castrexa do Castro de Castelón de Castañoso.

16.7.2015

18.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aceites Abril, S.L. para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Ribeiro.

17.7.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Benteler Automotive Vigo, S.L para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.7.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Lonza Biologics Porriño, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.7.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Paradores de Turismo de España, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.7.2015

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.7.2015

0,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular para o desenvolvemento de actividades no ámbito da cultura no marco das iniciativas desenvolvidas polo Eixo Atlántico.

20.7.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ames para a xestión do servizo de comedor escolar en cinco centros educativos do concello.

23.7.2015

181.560,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Mugardos para a xestión do servizo de comedor escolar en tres centros educativos do concello.

23.7.2015

38.270,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Meaño para a xestión do servizo de comedor escolar no CEIP de Coirón-Dena, radicado no concello.

23.7.2015

39.160,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Santiago de Compostela para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros educativos do concello.

23.7.2015

106.800,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar no CEIP de Oroso, en Sigüeiro.

23.7.2015

5.017,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Betanzos para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

23.7.2015

69.420,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Cangas para a xestión do servizo de comedor escolar en catro centros educativos do concello.

23.7.2015

80.100,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Gondomar para a xestión do servizo de comedor escolar en catro centros educativos do concello.

23.7.2015

117.784,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais e o mantemento da fundación.

23.7.2015

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Muíños para a xestión do servizo de comedor escolar no CEIP Valle-Inclán radicado no concello.

28.7.2015

18.690,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación en favor de las personas con discapacidad intelectual de la provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial Aspanaex.

28.7.2015

33.864,90 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación comarcal de educación especial Santísimo Cristo del Amor (ACEESCA) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor.

28.7.2015

100.520,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de padres de personas con parálisis cerebral-A Coruña (Aspace) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Aspace.

28.7.2015

84.245,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de atención a la parálisis cerebral y afines Amencer-Aspace para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado aos centros de educación especial Amencer e Princesa Letizia.

28.7.2015

111.952,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Autismo Ourense para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Ilustre Mestre.

28.7.2015

25.076,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial N.S. de Lourdes.

28.7.2015

52.906,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de familias de persoas con discapacidade psíquica das comarcas do Barbanza e Noia Amicos para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Amicos.

28.7.2015

66.648,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Bata (Bayón, Asociación para el Tratamiento del Autismo) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Bata-Os Mecos.

28.7.2015

10.951,48 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación BS A Esperanza do Val Viñor para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Juan María.

28.7.2015

47.211,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado en Narón, provincia da Coruña.

28.7.2015

1.708,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Menela, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

28.7.2015

16.233,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación pro personas con discapacidad intelectual de Galicia (Aspronaga), para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

28.7.2015

22.214,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) da provincia da Coruña (Aspanaes), para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado en catro centros educativos radicados na provincia da Coruña.

28.7.2015

51.888,78 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Autismo Ourense, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado en Ourense, provincia de Ourense.

28.7.2015

4.272,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de familias de persoas con discapacidade psíquica Amicos, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado en Ribeira, provincia da Coruña.

28.7.2015

8.544,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de atención a la parálisis cerebral y afines Amencer-Aspace, da provincia de Pontevedra, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado en dous centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

28.7.2015

23.496,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación comarcal de educación especial Santísimo Cristo do Amor (ACEESCA), para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado no Porriño, provincia de Pontevedra.

28.7.2015

13.670,40 €

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto de mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo).

31.7.2015

4.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación ECCA na formación de persoas adultas para a obtención do título de graduado en educación secundaria.

31.7.2015

318.142,43 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o intercambio de información asociada á xestión da investigación e á innovación do Sistema universitario galego.

7.8.2015

300.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

18.8.2015

0,00 €

Protocolo de colaboración entre o Concello da Laracha e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización de obras de mellora nos CEIP Alfredo Brañas e CEIP Caión.

31.8.2015

0,00 €