Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2156

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crea e se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional na Mancomunidade de Concellos Santa Águeda.

A Mancomunidade de Concellos Santa Águeda formula proposta relativa á creación do posto de secretaría-intervención, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de secretaría-intervención, sen categoría, conforme o acordo adoptado polo Pleno en sesión celebrada o día 15 de decembro de 2014.

O réxime xurídico aplicable aos postos reservados aos funcionarios con habilitación de carácter nacional recóllese no artigo 92.bis.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, que dispón que o Goberno, mediante real decreto, regulará as especialidades da creación, clasificación e supresión de postos reservados aos funcionarios con habilitación de carácter nacional así como as que poidan corresponder ao seu réxime disciplinario e de situacións administrativas. Examinada a documentación remitida pola entidade local, a Dirección Xeral de Administración Local observa a existencia de deficiencias, as cales son emendadas o 13 de outubro de 2015.

Ante a ausencia de desenvolvemento regulamentario, a disposición transitoria sétima da Lei 27/2013, do 30 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, sinala que mentres non entre en vigor o regulamento previsto no artigo 92.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e en canto non se opoña ao disposto neste lei, mantén a súa vixencia a normativa regulamentaria referida aos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación do citado artigo.

O artigo 5.1 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, establece que os postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal en áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e consorcios locais se clasificarán en atención ao orzamento propio de que dispoña a dita entidade local como se indica a seguir:

Orzamento superior a 18.000.000 de euros: clase primeira.

Orzamento superior a 6.000.000 de euros: clase segunda.

Orzamento inferior a 6.000.000 de euros: clase terceira.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.e) da Lei do emprego público de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Primeiro. Crear e clasificar o posto de traballo de secretaría-intervención, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de secretaría-intervención, sen categoría, da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda, que se clasifica como se especifica no anexo que se xunta á devandita resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Mancomunidade de Concellos Santa Águeda.

Posto: secretaría-intervención.

Subescala: secretaría-intervención.

Categoría: sen categoría.

Forma de provisión: concurso.