Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2158

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crea, se clasifica e se exime un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional na Mancomunidade da Comarca de Fisterra.

A Mancomunidade da Comarca de Fisterra formula proposta relativa á creación e clasificación do posto de secretaría clase terceira para a mellora da xestión dos servizos municipais, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de secretaría-intervención, e a súa exención de manter o posto, conforme o establecido no Acordo do 3 de agosto de 2015 do Pleno da Mancomunidade.

O réxime xurídico aplicable aos postos reservados aos funcionarios con habilitación de carácter nacional recóllese no artigo 92.bis.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, que dispón que o Goberno, mediante real decreto, regulará as especialidades da creación, clasificación e supresión de postos reservados aos funcionarios con habilitación de carácter nacional así como as que poidan corresponder ao seu réxime disciplinario e de situacións administrativas.

Ante a ausencia de desenvolvemento regulamentario, a disposición transitoria sétima da Lei 27/2013, do 30 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, sinala mentres non entre en vigor o regulamento previsto no artigo 92 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e en canto non se opoña ao disposto nesta lei, mantén a súa vixencia a normativa regulamentaria referida aos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación do citado artigo.

O artigo 5.1 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, establece que os postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional en áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e consorcios locais se clasificarán en atención ao orzamento propio de que dispoña a dita entidade local como se indica a seguir:

Orzamento superior a 18.000.000 de euros: clase primeira.

Orzamento superior a 6.000.000 de euros: clase segunda.

Orzamento inferior a 6.000.000 de euros: clase terceira.

Artigo 7.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, establece: «así mesmo, as mancomunidades de municipios poderán ser eximidas pola consellería competente en materia de réxime local, por proposta deles, logo do informe da deputación ou deputacións provinciais correspondentes, do deber de manter postos propios reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, cando o volume de servizos xestionados ou recursos dispoñibles, segundo o último orzamento aprobado, sexa insuficiente manifestamente para o mantemento dos postos.

As funcións reservadas nas entidades que conten coa exención prevista no parágrafo anterior serán exercidas de xeito preferente polo sistema de acumulación previsto no artigo 44. Excepcionalmente, as ditas funcións serán desempeñadas polo persoal funcionario con habilitación de carácter nacional das entidades locais que a compoñen, ou, na súa falta, polo servizo de asistencia da deputación provincial correspondente».

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2, 4 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.e) da Lei do emprego público de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Primeiro. Crear o posto de traballo de secretaría de clase terceira da Mancomunidade Comarca de Fisterra, que se clasifica como se especifica no anexo que se xunta a esta resolución.

Segundo. Eximir da obriga de manter o posto creado a Mancomunidade Comarca de Fisterra, posto que será cuberto por persoal funcionario con habilitación de carácter nacional das entidades locais que a compoñen, previsto no artigo 4 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional, e 44 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter nacional.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Entidade local: Mancomunidade Comarca de Fisterra.

Posto de traballo: secretaría.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Forma de provisión: exento de mantemento-personal funcionario con habilitación de carácter nacional das entidades locais que a componen.