Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 5 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2014/00703 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca

– BBVA transacción 1316 NIF S1511001H

– Santander

– http://www.cixtec.es/conselleria

E, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

XC-01316-O-2014

RA/M/2014/00703

4704-FSL/R-5842-BBD

Garda Civil 1500 R76589W

Transportes Javier García Santos, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

15.11.2013; 23.55; N-550; 59,1

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01314-O-2014

RA/M/2014/00704

4704-FSL/R-5842-BBD

Garda Civil 1500 R76589W

Transportes Javier García Santos, S.L.

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obriga de levar instalados no vehículo, co obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

15.11.2013; 23.55; N-550; 59,1

Art. 140.10 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-01040-O-2013

RA/M/2015/00031

8222-GVN

Garda Civil 2701 C30220X

Lezama Terrestres y Marítimos, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

25.4.2013; 9.40; A-6; 474,00

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01007-O-2012

RA/M/2015/00066

5772-FVM/R-4100-BBF

Garda Civil 3201 I12849B

Frende, S.L.

Minoración superior ao 50 % nos períodos de descanso semanal obrigatorio. Menos de 22.30 horas ata 11 horas.

19.6.2012; 16.30; N-541; 0035,000

Art. 140.20 LOTT

2.000 €

Estimatoria parcial, revogando parcialmente a sanción imposta

OU-00986-O-2012

RA/M/2015/00088

6532-DWG

Garda Civil 3203 V46236Y

Elevaciones Rama, S.L.

Realizar transporte público en vehículo pesado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que, por calquera outra causa, tivese perdido a súa validez.

15.6.2012; 18.35; A-52; 132

Art. 140.1.9 LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-01153-O-2013

RA/M/2015/00092

7595-DSF/R-2438-BBR

Garda Civil 3201 I12849B

Grupo Operador de Transportes Pedro Ruibal, S.L.

Diminución do descanso diario reducido superior ao 50 por cento (sobre 9 horas). Menos de 4 horas e 30 minutos.

23.7.2013; 4.30; A-52; 230

Art. 140.37.1 LOTT

2.000 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-00462-O-2012

RA/M/2015/00114

PO-7352-BN

Garda Civil 3601 Y76740V

Olivica T.C.A., S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

23.1.2012; 8.30; PO-11; 3,8

Art. 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-01522-O-2013

RA/M/2015/00121

2385-HNR

Garda Civil 2701 C30220X

Transportes Javier García Santos, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 31 %.

12.6.2013; 7.04; A-6; 479,00

Art. 140.23 LOTT

3.200 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02281-O-2013

RA/M/2015/00150

8344-DSG/R-2252-BCB

Garda Civil 1504 I54077K

Fraidatrans, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

16.4.2013; 10.51; AP-6; 79,5

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-01539-O-2011

RA/M/2015/00152

ZA-7593-K/TO-2626-R

Garda Civil 3601 Y76740V

Transport Castell Frigo Grup, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

22.9.2011; 8.15; PO-542; 6,9

Art. 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00027-O-2012

RA/M/2015/00154

5646-FPH

Garda Civil 2704 I64330I

Cooptransportes Soc. Coop. Valenciana

Falsificación de follas de rexistro, tarxetas de condutor ou outros elementos ou medios que exista obriga de levar no vehículo, o falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

19.12.2011; 16.20; AG-64; 55,900

Art. 140.13 LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-01390-O-2012

RA/M/2015/00220

2121-GSP

Transportes Duco, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas en sobreembalaxes sen as marcas e/ou etiquetas prescritas no ADR, canto sexa exixible.

13.4.2012; 7.35

Art. 140.25.6 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta