Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2287

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lle dá publicidade ao convenio de colaboración subscrito por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade ao convenio subscrito pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe (euros)

Data
da sinatura

Convenio coa Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia

Apoio no desenvolvemento do Plan de reestruturación do funcionamento da entidade

35.000,00 €

22.9.2015