Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2430

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN414A).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do mércores 30 de decembro de 2015, procédese a efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 51719, no punto 4 do artigo 4, onde di: «para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración», debe dicir: «para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 430 (base impoñible xeral) e 445 (base impoñible do aforro) da declaración».