O 1 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2015360AL-PO, incoado á entidade Barraca Ecuador, S.L., como titular do establecemento Cafetería La Mezcla.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Barraca Ecuador, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou en http://www.cistec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 22 de decembro de 2015
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2015360AL-PO.
Denunciada: Barraca Ecuador, S.L., con CIF B27783554, como titular do establecemento Cafetería La Mezcla.
Último enderezo coñecido: rúa México, 35, 36204, Vigo.
Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos:
– Artigo 5 e capítulo I do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.
– Artigo 3.4 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, que establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.
Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: mil douscentos euros (1.200 €).