Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2016, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de arbitraxe 15R001/86/2015 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema arbitral de consumo, no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, núm. 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expediente arbitral número: 15R001/86/2015.

Interesada: Aula Laboral 2005, S.L.

CIF: B70139365.

Acto notificado: laudo arbitral do 7 de agosto de 2015.

Expediente arbitral número: 15R002/3996/2014.

Interesada: Hidrodomus, S.L.L.

CIF: B70249727.

Acto notificado: laudo arbitral do 13 de agosto de 2015 e aclaración do 3 de decembro de 2015.