Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2015/026.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

PO-RES-2015/026

Lino Costas Carballido

Resolución

Xefe territorial