Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para fomento das frondosas caducifolias 12150220/2007 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12150220/2007 e 12360236/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle as interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención número 12150220/2007.

Interesada: CMVMC San Cristovo de Abanqueiro.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: O Chazo, 29, 15938 Boiro (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención número 12360236/2007.

Interesada: CMVMC de Ventosela.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Castiñeira, 73, 36818 Redondela (Pontevedra).