Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador INC-OU-0113/2015-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador INC-OU-0113/2015-SUB.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: INC-OU-0113/2015-SUB.

Persoa interesada: Dorinda Rey Pavón.

Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.

Último enderezo coñecido: Corvelle, 56, 32150 A Peroxa (Ourense).