Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 4 de decembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea F.A. III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea F.A. III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 12 de novembro de 2015, María del Carmen Rodríguez Abuín, en nome e representación da unidade de herdeiros de José Ramón Vázquez Muñiz, solicitou autorización para transmisión da concesión administrativa e da batea F.A. III.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Valentín Vázquez Rodríguez 52933085B, da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: F.A. III.

Localización:

Cuadrícula nº: 96.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Ramón Vázquez Muñiz e María del Carmen Rodríguez Abuín (33199606A-76503203M) 100 % gananciais.

Novos titulares: María del Carmen Rodríguez Abuín (76503203M) 1/2 privativo e Valentín Vázquez Rodríguez (52933085B) 1/2 privativo.

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 4 de decembro de 2015

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña