O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 23 de novembro de 2015, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Mª Josefa Martínez Pena, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva licenza municipal, consistentes nunha caseta prefabricada e 11 postes de formigón para instalación dun repetidor de radio e tendido eléctrico no lugar de Fonteseca-Cances Grande, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinente e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística