O Pleno deste concello, na sesión do 30 de decembro de 2015, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Irixoa (PXOM-Irixoa) no núcleo rural de Follente (parroquia de Mántaras), cos efectos legais que establece o artigo 85.2 da Lei galega 9/2002. A aprobación inicial comporta suspensión de licenzas de parcelación, edificación e demolición nas parcelas 616 e 617 do polígono 39 do catastro de Irixoa; a suspensión terá o prazo máximo de dous anos contados desde a aprobación inicial, é dicir, que como máximo rematará o 30.12.2017 e que, en calquera caso, se extinguirá pola aprobación definitiva da modificación puntual.
O dito acordo sométese a información pública durante o prazo de dous (2) meses mediante a súa publicación no DOG, BOP e en dous dos xornais de maior circulación da provincia. Simultaneamente solicitaranse os informes sectoriais necesarios, segundo o artigo 85.3 da Lei galega 9/2002.
O expediente pódese consultar na secretaría do concello, das 9.00 ás 14.30 horas.
Irixoa, 3 de xaneiro de 2016
Antonio Deibe Sanmartín
Alcalde