En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 13 de xullo),
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2015
Convenio |
Data |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Biólogos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
7.9.2015 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación Galega de Peritos Xudiciais e Forenses, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
23.9.2015 |
Sen achega económica |