Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 294/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 294/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Isabel Agra Amado contra a empresa Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto do 18 de decembro de 2015 cuxa parte dispositiva se indica máis abaixo, e dilixencia de ordenación do 7 de xaneiro de 2016, do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Lorena Isabel Agra Amado fronte a Gallega de Servicios, Despiece, Reparto y Restauración, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 00294 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo “concepto”, deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 00294 15. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a. A secretaria xudicial».

E dilixencia de ordenación:

«Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016.

Visto o contido do Auto do 18 de decembro de 2015, procédese ao sinalamento da comparecencia prevista no artigo 280 da LRXS para o próximo día 2 de febreiro de 2016, ás 9.45 horas, na sala de vistas correspondente a este xulgado. A notificación da presente resolución serve de citación en legal forma ás partes, coas advertencias legais, e fáiselles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, considerarase que desisten na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, o acto terá lugar sen a súa presenza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Gallega de Servicios, Despiece, Reparto y Restauración, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza