Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3025

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 294/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 294/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Isabel Agra Amado contra a empresa Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou cédula de citación, o 7.1.2016, do teor literal seguinte:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar

Xulgado do Social número 3

Asunto en que se acorda

Execución de títulos xudiciais 294/2015

Persoa que se cita

Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L. en calidade de executado/a.

Obxecto da citación.

Asistir nesa condición de executado a tales actos, coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer.

Sinálase o día 2.2.2016, ás 9.45 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sita na planta baixa, sala número 3 do edificio dos xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, para a celebración da comparecencia.

Prevencións legais.

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se intente valer (art. 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do art. 53.2 LXS (art. 155.5 parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza