Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 2953

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN314A).

O día 31 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre agora a súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con relación ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Único. Facer públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Disposición adicional. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes, segundo establece o número 2 do artigo 2 da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, rematará o 20 de abril de 2016 (incluído), agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Memoria

Descrición do estado inicial da fachada ou cuberta que se vai renovar e da solución construtiva proposta.

Descrición das obras de renovación. Alcance detallado das diferentes actuacións que se van levar a cabo.

Planificación dos traballos no tempo con referencia a cada unha das actuacións que configuran o proxecto.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file