O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga,
RESOLVO:
Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016
Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
Descrición |
Importe total |
Data de sinatura |
Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Bansalud, S.L. no ámbito da saúde. |
Sen achega económica |
9.7.2015 |
Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Sanidade para o desenvolvemento de programas de drogodependencias. |
20.000,00 € |
21.7.2015 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor), para a cesión do uso da piscina e do ximnasio situados no servizo de rehabilitación do Hospital de Piñor-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras). |
Sen achega económica |
7.8.2015 |
Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para realizar determinacións analíticas dos parasitos Cryptosporidium e Giardia en captacións sometidas a estudo do proxecto Life Plus «Rural supplies: Sostenibles Solutions For Very Small Water Supplies» (Life 12/ENV/ES7000557). |
49.368,00 € |
10.8.2015 |
Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Sanofi para o desenvolvemento do proxecto diabeting. |
Sen achega económica |
27.8.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U., para o desenvolvemento e implementación do programa de intervención temperá nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelético. |
Sen achega económica |
1.9.2015 |
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ambilamp, para implantar mecanismos que faciliten a recollida selectiva de residuos de lámpadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. |
Sen achega económica |
10.9.2015 |
Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) para a posta en marcha de mecanismos que faciliten o estacionamento dos/as pacientes oncolóxicos/as no aparcadoiro do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo. |
Sen achega económica |
24.9.2015 |
Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación María José Jove, para a convocatoria do 1º concurso universitario de curtametraxes relacionadas coa doazón e transplante de médula ósea. |
Sen achega económica |
25.9.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Clúster de Saúde de Galicia para impulsar o desenvolvemento da internacionalización do Clúster de Saúde de Galicia. |
40. 000,00 € |
28.9.2015 |
Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A. para realizar o curso en liña «Hipoglucemia» para pacientes. |
Sen achega económica |
28.9.2015 |
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Uninvest, S.G.E.C.R., S.A. para o fomento do emprendemento no terreo das empresas de base tecnolóxica do sector sanitario. |
Sen achega económica |
29.9.2015 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros (Agaprem) para ceder o uso dunha sala no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras). |
Sen achega económica |
1.10.2015 |
7ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur. |
33.925,00 € |
7.10.2015 |
Convenio para a colaboración na docencia clínica do grao en medicina da Universidade de Santiago de Compostela. |
Sen achega económica |
9.10.2015 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Hospital Povisa, S.A., para o desenvolvemento dos programas de formación complementaria de especialistas en ciencias da Saúde. |
15.633,00 € |
15.10.2015 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Amancio Ortega Gaona para a doazón dos importes correspondentes aos custos de dotación e actualización de diverso equipamento e das adaptacións necesarias de espazos. |
Sen achega económica |
22.10.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das prácticas tuteladas dos alumnos/as do grao en Nutrición Humana e Dietética. |
Sen achega económica |
9.11.2015 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde. |
3.979.799,92 € |
11.12.2015 |
Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o 2015. |
43.391,97 € |
12.11.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Barrié para a cesión de uso do auditorio da fundación na súa sede da Coruña. |
Sen achega económica |
12.11.2015 |
Addenda de modificación do convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Almirall, S.A. para a realización do taller de interpretación de retinografías en atención primaria. |
Sen achega económica |
18.11.2015 |
Prórroga ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e o Concello de Carballeda de Valdeorras sobre utilización da sala de fisioterapia do concello. |
Sen achega económica |
25.11.2015 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación de Ayuda Tráfico para a axuda a pacientes vítimas de accidentes de tráfico. |
Sen achega económica |
30.11.2015 |
Acordo de prórroga e modificación para o ano 2016 do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión da Dirección Xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para a prestación de funcións de asesoramento e informe. |
Sen achega económica |
14.12.2015 |
Addenda ao acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Consellería de Sanidade para a promoción de actividades de I+D+i no sector biosanitario. |
Sen achega económica |
16.12.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Novoa Santos para avaliación de tecnoloxías no marco da Rede española de axencias de avaliación de tecnoloxías e prestacións do Sistema nacional de saúde. |
555.000,00 € |
17.12.2015 |
Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Astellas para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente. |
Sen achega económica |
28.12.2015 |
Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Almirall, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente. |
Sen achega económica |
28.12.2015 |
Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente. |
Sen achega económica |
28.12.2015 |
Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Lilly, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente. |
Sen achega económica |
28.12.2015 |
Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Sanofi para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente. |
Sen achega económica |
28.12.2015 |
10ª addenda ao convenio de colaboración asinado entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i. |
38.813,00 € |
29.12.2015 |
3ª addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (antes Fundación do Complexo Universitario da Coruña) para o desenvolvemento de programas de I+D+i. |
49.962,00 € |
29.12.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Concepción Arenal. |
Sen achega económica |
30.12.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Castro de Ribeiras do Lea. |
Sen achega económica |
30.12.2015 |