Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3226

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 16 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, acordou:

Primeiro. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos/as da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.2.4 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se tivesen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do Servizo de Persoal da consellería ou organismo de que dependese para acreditar tal condición.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Luis Castedo Ribas
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta
de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións

Puntuacións definitivas:

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

32788436G

Gil Vázquez, Fernando

16,34

17,30

17,00

Exento

50,64

33345394V

Paez González, Javier

12,38

12,00

18,00

Exento

42,38