Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3228

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola se que resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (Membros Superiores e Raque) do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante a Resolución do 11 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 106, do 8 de xuño), convocouse para a súa provisión, polo sistema de avaliación colexiada, o posto de xefatura da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (Membros Superiores e Raque) do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e pola Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, de 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de xefatura da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (Membros Superiores e Raque) do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a Pedro Pablo Subirán Martínez, aspirante que acadou a maior puntuación.

Segundo. O aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. O aspirante seleccionado obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o profesional seleccionado será avaliado para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao interesado.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 10 de decembro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés