Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2007/0082-4.

Ao non ser atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo, recaída no procedemento abreviado 426/2014, polo accidente laboral do traballador Ángel Piñeiro Pintos.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial; Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificantes da notificación.

• Escrito de alegacións (26.1.2007).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2007/0082-4.

Acta núm. 1681/2006.

Empresa: Cortes, Derribos y Excavaciones, S.A.

NIF/DNI: A-36360683.

Enderezo: A Reigosa, 43; Pontevedra.

Vigo, 18 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra