Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1272/2012).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1272/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Regueira Veira contra Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Francisco Javier Castro López, Jaime Juncal Iglesias, Ingesan Grupo OHL, administración concursal, Jesús Iglesias Lira, Concello de Arteixo, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanesa Regueira Veira contra as entidades Galicia Saudade, S.L. e administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Concello de Arteixo e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Galicia Saudade, S.L. e a administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Concello de Arteixo a que lle aboen á demandante a cantidade de 1.155,03 € brutos, por salarios de agosto ao 15 de outubro de 2012, así como o exceso de xornada, incrementados no xuro legal do diñeiro e aplicable aos conceptos salariais respecto á entidade Galicia Saudade, S.L. e administración concursal de Galicia Saudade, S.L.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanesa Regueira Veira contra a entidade Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan), á cal debo absolver de todo o pedido na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial