Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3233

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (330/2012).

Procedemento ordinario 330/2012

Sobre: dereito de rectificación

Demandante: María del Carmen García Medin

Procuradora: Ana Verónica Sexto Quintas

Demandado: Vicente Porto Beade

Nos autos de ordinario número 330/2012, seguidos por instancia da procuradora Ana Sexto Quintas, en nome e representación de María Carmen García Medin, contra Vicente Porto Beade e/ou os herdeiros descoñecidos, ditouse con do data 2 de decembro de 2015 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza 153/2015.

Xuízo ordinario 330/2012.

Betanzos, 2 de decembro de 2015.

O día 12 de novembro de 2015 tivo lugar ante este xulgado o xuízo ordinario 330/2012. É parte demandante María del Carmen García Medin, representada pola procuradora Ana Sexto Quintas e asistida do letrado Ezequiel Varela Charlón. É parte demandada os herdeiros de Vicente Porto Beade.

Decisión:

Estimo a demanda presentada en representación de María del Carmen García e declaro que é a propietaria do terreo rexistral 3168 do Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 230, libro 40, folio 56.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, expídase mandamento ao Rexistro da Propiedade de Betanzos co obxecto de adecuar o seu contido ao resolto na presente resolución.

Notifíqueselles ás partes.

Así, por esta a miña sentenza, contra a cal cabe recurso de apelación, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Roberto Porto García, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos».

Publicación. Leu e publicou a anterior sentenza o xuíz que a ditou no día da súa data e tivo lugar audiencia pública. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma á demandada Vicente Porto Beade e/ou herdeiros descoñecidos, expídese este edicto.

Betanzos, 10 de decembro de 2015

María Patiño Junquera
Letrada da Administración de xustiza