Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3232

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (552/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 552/2014 desta sección, seguido por instancia de Julio Fernández Díaz contra o Fogasa, Protección y Seguridad Técnica, S.A., Esabe Vigilancia, S.A., Concello da Coruña sobre resolución de contrato, o 7.7.2015 a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

«A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Natalia Erviti Álvarez en nome e representación de Julio Fernández Díaz contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 30 de maio de 2014, no recurso de suplicación número 552/2014, interposto por Julio Fernández Díaz, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos da Coruña do 27 de setembro de 2013, no procedemento 146/2013 seguido por instancia de Julio Fernández Díaz contra Esabe Vigilancia, S.A., Protección y Seguridad Técnica, S.A., o Fogasa e Concello da Coruña, sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á recorrente. Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos e instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos.

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza