Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN408A 2015/03-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio social: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa.

Denominación: renovacion do sistema 11/20 kV da central hidráulica de Sobradelo.

Situación: O Barco de Valdeorras (Ourense); orzamento: 70.568 €.

Características técnicas:

– Substitución do trafo 11/20 kV da central (T2) que pasa ao parque intemperie, tipo seco, cunha potencia aparente de 750 kVA, para aloxar en edificio de construción mediante envolvente modular de formigón, que tamén acollerá as celas proxectadas de conexión e de manobra do seccionamento de ambos os niveis de tensión (89-BT-T2 para 11 e 89-AT-T2 para 20 kV), con illamento e medio de extinción en SF6.

– Liñas eléctricas de alimentación a trafo por canalización existente, en condutor
HEPR-Z1(AS) de 50/185 mm2, de 116 m (acometida a 20 kV) e 122 m (acometida a 11 kV), respectivamente, e liña de acometida á nova posición de Santiago, cela 2 de 20 kV, por canalización existente, de 200 m de lonxitude e condutor de 70 mm2 de sección, con orixe no apoio fin de liña situado no exterior da central.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outorgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 4 de xaneiro de 2016

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense