Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de dinamización das redes Foro transrexional de intercambio de experiencias de diálogo social e Foro transrexional de responsabilidade social empresarial (expediente 31/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 31/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de dinamización das redes Foro transrexional de intercambio de experiencias de diálogo social e Foro transrexional de responsabilidade social empresarial.

c) CPV: 98390000-3 Outros servizos.

d) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, condicionado a que exista crédito axeitado e suficiente. As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nun 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 80.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: setenta e cinco mil euros (75.000,00 €).

5. Orzamento máximo autorizado: setenta e cinco mil euros (75.000,00 €), máis quince mil setecentos cincuenta euros (15.750,00 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de noventa mil setecentos cincuenta euros (90.750,00 €), con cargo á anualidade de 2015.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 2 de outubro de 2015.

c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: trinta e oito mil novecentos noventa e nove euros (38.999,00 €) máis oito mil cento oitenta e nove euros con setenta e nove céntimos (8.189,79 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de corenta e sete mil cento oitenta e oito euros con setenta e nove céntimos (47.188,79 €).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria