Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para a realización dunha campaña de divulgación e información do Programa de garantía xuvenil nunha aula móbil (expediente 51/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 51/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización dunha campaña de divulgación e información do Programa de garantía xuvenil nunha aula móbil.

c) CPV: 79950000-8 Servizos de organización de exposicións, feiras e congresos.

98390000-3 Outros servizos.

d) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, condicionada a que exista crédito axeitado e suficiente. As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nun 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 5 asistencia técnica, medida 5.85: preparación, posta en marcha, control e seguimento.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: cincuenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos de euro (54.545,45 €).

5. Orzamento máximo autorizado: cincuenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos de euro (54.545,45 €), máis once mil catrocentos cincuenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos de euro (11.454,55 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de sesenta e seis mil euros (66.000,00 €), con cargo á anualidade 2015.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 1 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 2 de outubro de 2015.

c) Contratista: Nortideas Comunicación, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: cincuenta e un mil euros (51.000,00 €) máis dez mil setecentos dez euros (10.710,00 €) correspondente ao 21 % do IVE, o que suma un importe total de sesenta e un mil setecentos dez euros (61.710,00 €).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria