Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a afección de dous predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanse os interesados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2015/238-4) atópase á súa disposición durante un prazo de 20 días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Polígono 90, parcela 60

36005A090000600000TS

Caldas de Reis

Polígono 90, parcela 155

36005A090001550000TZ

Caldas de Reis