Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016 pola que se comunica o inicio de expediente de incumprimento total ao titular do expediente IG100.2010.1.128, relativo a unha axuda a proxectos cun investimento subvencionable superior a 500.000 euros.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa Abelas Alexan, S.L., titular do expediente IG100.2010.1.128, relativo a unha axuda a proxectos cun investimento subvencionable superior a 500.000 € (Resolución do 22 de xullo de 2010, DOG núm. 155, do 13 de agosto), que con data do 20.11.2015, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o seu alcance, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica