Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG100.2010.1.162 e cinco máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG100.2010.1.162

Transportes Morgadas, S.L.

Axudas a proxectos cun investimento subvencionable superior a 500.000 €, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 22 de xullo de 2010, DOG núm. 155, do 13 de agosto).

20.11.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG100.2010.1.163

Transvasgal, S.L.

Axudas a proxectos cun investimento subvencionable superior a 500.000 €, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 22 de xullo de 2010, DOG núm. 155, do 13 de agosto).

20.11.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG179.2015.1.2

Alma e Coraxe, S.L.L.

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-Solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 114, do 18 de xuño).

9.10.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG179.2015.1.14

Fernández Soutullo, Daniel José

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-Solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 114, do 18 de xuño).

9.10.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG179.2015.1.56

Desarrollos Inmobiliarios Bella Costa, S.L.U.

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-Solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 114, do 18 de xuño).

9.10.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG208.2014.1.16

Cluster TIC Galicia

Axudas do Igape aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 18 de xullo de 2014, DOG núm. 141, do 28 de xullo).

15.12.2015

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento parcial