Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015132TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2015132TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Mª Victoria Puente Valín.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Mª Victoria Puente Valín o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 11 de xaneiro de 2016

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2015132TA-LU.

Denunciada: Mª Victoria Puente Valín.

DNI: 33793131J.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Villamil, 38, 27004 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigos 3.3), disposición adicional terceira, 19.2.b) e 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: sesenta euros (60,00 €).