Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as constitucións e modificacións de varias sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Constitucións:

a) A sociedade agraria de transformación Sabores O Gusto Frutas y Verduras, SAT nº 1429 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio social na rúa Conde de Gondomar, 19 B, 2º K, 36380 Gondomar (Pontevedra); obxecto social: produción e comercialización de froitas e verduras; cun capital social: 300,00 €, número de socios: 3. A Xunta Reitora está integrada por: Ramón Navarro Aracil, presidente; Rubén Villar Vilas, secretario e Héctor Eladio Martínez Gayo, vogal.

B) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Alvite, SAT nº 1337 XUGA, na asemblea xeral do 1 de decembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Antonio Alvite Luaces, presidente; Marisol Alvite Luaces, secretaria e María Odolina Luaces Pena como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Vázquez Brey, SAT nº 1290 XUGA, na asemblea xeral do 20 de maio de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Reducir o capital social por un importe de 28.500,00 €, que corresponde ao pendente de pagamento a esta data do capital inicial, cifrado en 114.000,00 €.

2. Debido á redución do capital social, este cífrase en 85.500,00 €, desembolsado na súa totalidade, e queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María del Pilar Brey García

570 títulos

28.500,00 € de capital social

Óscar Vázquez Brey

570 títulos

28.500,00 € de capital social

José Vázquez Brey

570 títulos

28.500,00 € de capital social

c) A sociedade agraria de transformación Casa Raña, SAT nº 1037 XUGA, na asemblea xeral do 20 de novembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Ratificar os acordos adoptados na asemblea xeral extraordinaria do 12 de xaneiro de 2015, na cal se acorda por unanimidade renovar a Xunta Reitora que queda formada polos socios: Antonio Raña Carnota, presidente; José Antonio Raña Liñeira, secretario e María del Carmen Carnota Mosquera como vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Gandeiría Fisterriño, SAT nº 1058 XUGA, na asemblea xeral do 27 de novembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Ratificar os acordos adoptados na asemblea xeral extraordinaria do 15 de febreiro de 2015, na cal se acorda por unanimidade renovar a Xunta Reitora que queda formada polos socios: Marcos Cotón Bermúdez, presidente; Ana María Cotón Bermúdez, secretaria e María Isabel García Sánchez como vogal.

e) A sociedade agraria de transformación Farruquiño, SAT nº 1033 XUGA, na acta de asemblea do 18 de novembro de 2015 toma o seguinte acordo:

1. Aprobación da renovación da Xunta Reitora que está integrada por: Pablo López Rodríguez, presidente; Anunciación Rodríguez Lourés, secretaria e Dosinda Onega Murado como vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Couto Ferreiro, SAT nº 1240 XUGA, na acta de asemblea do 8 de outubro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a modificación do artigo 1 dos estatutos sociais, polo que a SAT pasa a denominarse: Casa Couto Ferreiro, SAT nº 1240.

2. Aprobar a ampliación do seu obxecto social, que comprende: explotación de gando bovino, todas as actividades á obtención doutras producións agrícolas e gandeiras, froitas e froitos, hortalizas. Limpeza, clasificación, envase e conservas de froitas e outros produtos vexetais propios e alleos, comercio por xunto e polo miúdo dos produtos indicados e demais actividades que se detallan na acta da asemblea.

3. Aprobar a modificación da condición da socia Rosa María Ferreiro Varela, que pasa de ter a condición de traballadora agrícola a titular de explotación, segundo a escritura nº 411 do 4 de marzo de 2008, pola que se redacta o testamento onde se lega a herdanza do seu marido como usufrutuaria.

4. Aprobar a modificación da condición do socio Fernando Couto Silva, que pasa de ter a condición de traballador agrícola a titular de explotación, segundo consta na escritura de compravenda nº 3081 do 19 de outubro de 1999.

5. Aprobar a incorporación dunha nova socia, María de los Ángeles Mosquera López, que achega á sociedade a cantidade de 70.500,00 € correspondentes a 141 títulos por un valor de 500,00 € cada un deles.

Esta nova socia fai unha achega monetaria inicial de 23.500,00 € e queda pendente de pagamento 47.000,00 €, que se fará efectivo nun prazo non superior a cinco anos.

6. Modifícase o artigo 2 dos estatutos sociais correspondente ao capital social que queda cifrado en 569.500,00 € e estará representado por 1.139 títulos nominativos de 500,00 € cada un deles.

Como consecuencia desta ampliación do capital social, este queda distribuído da seguinte forma:

Carlos Couto Ferreiro

280 títulos

140.000,00 € de capital social

Fernando Couto Silva

280 títulos

140.000,00 € de capital social

María Josefa Ferreiro Suárez

280 títulos

140.000,00 € de capital social

Rosa María Ferreiro Varela

158 títulos

79.000,00 € de capital social

Mª Ángeles Mosquera López

141 títulos

70.500,00 € de capital social

7. Aprobar a modificación da Xunta Reitora, que estará composta por cinco membros que serán elixidos por un período de cinco anos. Os novos cargos son: Carlos Couto Ferreiro, presidente; María de los Ángeles Mosquera López, secretaria; María Josefa Ferreiro Suárez, Rosa María Ferreiro Varela e Fernando Couto Vila como vogais.

g) A sociedade agraria de transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 28 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Ratificar a acta da asemblea xeral extraordinaria do 31 de xullo de 2015, na que se toman os seguintes acordos:

2. Aprobar a baixa de seis socios coa correspondente liquidación do capital social. Os socios que causan baixa son:

Alicia Ares Estraviz

20 títulos

120,40 € de capital social

Ganadería Brañas, S.C.

20 títulos

120,40 € de capital social

David López Blanco

20 títulos

120,40 € de capital social

José David Pintor Pazo

5 títulos

30,10 € de capital social

Ana Belén Sánchez Villamor

20 títulos

120,40 € de capital social

Emilio Vázquez Sánchez

20 títulos

120,40 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, como consecuencia das baixas dos socios, polo que queda redactado da seguinte forma: «O capital social cífrase en 3.864,84 € e está representado por 642 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles».

h) A sociedade agraria de transformación Saa, SAT nº 1270 XUGA, na asemblea xeral do 28 de novembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Arsenio Presas Campos, presidente; Manuel Presas Vence, secretario e Elia María Vence Ulloa como vogal.

i) A sociedade agraria de transformación Viveiros Compostela, SAT nº 974 XUGA, na asemblea xeral do 12 de novembro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a incorporación do novo socio Santiago Miguélez Vieites que compra as participacións sociais do socio Gonzalo Miguélez Vieites.

Como consecuencia da compravenda de títulos, o capital queda distribuído da seguinte forma:

Roberto Miguélez Lago

7 títulos

4.207,14 € de capital social

María Ofelia Vieites García

7 títulos

4.207,14 € de capital social

Gonzalo Miguélez Vieites

3 títulos

1.803,06 € de capital social

Santiago Miguélez Viéitez

4 títulos

2.404,08 € de capital social

2. Aprobación da modificación do artigo 11 dos estatutos da SAT, tal e como consta na acta da asemblea, de maneira que a Xunta Reitora pasa a estar composta por catro membros os cales terán a condición de socios, elixidos por un período de catro anos, que poderán ser reelixidos.

3. Aprobar a renovación da Xunta Reitora que pasa a estar formada por: Roberto Miguélez Lago, presidente; María Ofelia Vieites García, secretaria; Gonzalo Miguélez Vieites e Santiago Miguélez Vieites como vogais.

j) A sociedade agraria de transformación Visones Abadín SAT nº 454 XUGA na escritura notarial do 10 de decembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Rouco Pérez, presidente; José Rouco Pérez, secretario e Manuel Pereira Calvar como vogal.

k) A sociedade agraria de transformación Ganadería Insua SAT nº 943 XUGA na asemblea xeral do 20 de decembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación da Xunta Reitora que está formada polos socios: José María Vilas Raviña, presidente; Purificación Iglesias Bendaña, secretaria; Adrián Vilas Iglesias, Enrique Vilas Iglesias e María Raviña Otero como vogais.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias