Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2016, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de apertura do expediente sancionador 137/15.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a apertura de expediente sancionador instruído por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG núm. 132, do 12 de xullo).

Nº de expediente: 137/15.

Denunciada: María Rodríguez González.

Enderezo: Mosende-Covelo 39, 36413 O Porriño (Pontevedra).

A dita interesada dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poder examinar o expediente no Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (r/ Fernández Ladreda 43-1º edificio administrativo, 36003 Pontevedra), e para presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2016

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra