Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2016 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave AC/13/088.06.

O 21 de xaneiro de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. O 26 de marzo de 2015 aprobouse provisionalmente, por resolución da Axencia Galega de Infraestruturas, o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave: AC/13/088.06.

Segundo. O 2 de decembro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 230) o Anuncio do 11 de novembro de 2015 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave: AC/13/088.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Terceiro. Durante todo o trámite de información pública presentáronse informes e certificados, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Por todo o exposto, e tras a análise efectuada das alegacións e informes presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar, de acordo co establecido no artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave: AC/13/088.06, unha vez analizados os informes e observacións presentadas durante o período de información pública, mantendo o trazado proposto como definitivo, e coa consideración de que, en fase de obra, se analizará a integración estética e paisaxística da senda peonil.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, en que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas