Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2016, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 15 de decembro de 2015 relativo ao expediente sancionador LU-47/2015, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que deseguido se relaciona, o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, expediente número LU-47/2015, incoado ao titular do establecemento de café-bar denominado El Castillo, situado no lugar de Castro de Amarante do concello de Antas de Ulla (Lugo), xa que intentada a notificación polos medios habituais non se puido practicar.

Noméase instrutora do procedemento a Mercedes Campos Casares e secretaria a Carmen Enríquez Rio, funcionarias desta área provincial; o seu réxime de recusación será o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, e, para estes efectos, determinarase o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado na Área Provincial de Turismo, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, segundo o disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Lugo, 18 de xaneiro de 2016

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-47/2015.

Denunciado: Daniel Eugen Raileanu Eugen.

Establecemento: café-bar El Castillo.

Enderezo: lugar Castro de Amarante. Localidade: Antas de Ulla (Lugo).

Feitos denunciados: incumprir o deber de exhibir os prezos dos servizos ofertados nun lugar visible e de modo lexible.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 alínea f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Sanción: 200 €.