Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-056/14.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia desta cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-056/14.

Nome: Mercedes Pérez Rodríguez.

Enderezo: rúa Observatorio, núm. 17, 1º A, 36500 Lalín, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 5.731,85 €.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímola para o pagamento de 44 recibos de aluguer vencidos por un importe total de 5.246,56 € e dous recibos do IBI por un importe total de 485,29 € (un de 157,11 € e outro de 328,18 €), relativos á vivenda que ten adxudicada en réxime de alugamento e correspondentes ao período comprendido entre o 1.1.2012 e o 1.12.2015, ambos os dous incluídos.

Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas
obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que considere convenientes.

Advertímola de que, no caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.