Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador LU-5/2014 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 11 de xaneiro de 2016

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-5/2014.

Interesada: Isabel Fernández Suárez.

Último enderezo coñecido: rúa Río Lea, 8-1º, Lugo

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: E.S. LU-32/2014.

Interesada: Belén Gato Gómez.

Último enderezo conocido: estrada da Granxa, 122, baixo C, Lugo.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.